Privacidade
Esta Declaración de Privacidade está relacionada co sitio web de Forem Galicia (portal.foremgalicia.eu) e refírese á recolección de datos e ao seu uso. Ao utilizar o sitio aceptas as prácticas utilizadas en relación aos datos que se describen nesta declaración.
RECOLECCIÓN DE INFORMACIÓN PERSOAL
Colleitamos información de identificación persoal, que inclúe dirección de correo electrónico (e-mail) e nome, tamén solicitamos información sobre a navegación pola páxina. Periodicamente enviarémosche información sobre a oferta de accións formativas a menos que nos indiques o contrario.
De forma automática solicítase información sobre o teu computador, esta pode incluír: dirección IP, tempos de acceso e páxinas visitadas no sitio.
Se cobres un formulario de preinscrpción o resto de información que nos achegues realízase sobre un servidor seguro e pasa ao noso sistema de xestión. Os datos persoais que achegues usaranse exclusivamente na xestión do plan ao que che anotes. O envío do formulario representa aceptar o tratamento de datos que se estipula na convocatoria do plan de referencia.
UTILIZACIÓN DE INFORMACIÓN PERSOAL
Utilizamos a información persoal para mellorar o sitio web e os servizos que achega. En ningún caso cederemos a información persoal a terceiras partes.
A información de identificación persoal pode usarse, nalgún caso, para informar a cerca de eventos ou de obxectos dispoñibles no sitio. Tamén remitiremos enquisas, para coñecer a túa opinión sobre os servizos prestados actualmente ou potenciais servizos a ofrecer no futuro.
Se non desexas recibir esa información contesta calquera correo que che chegue desde o sitio engadindo "NON CONTACTAR" en maiúsculas no campo do asunto
Se non desexas que os datos figuren na nosa base de datos inclúe "CANCELAR" no asunto
USO DE COOKIES
O sitio web de Forem Galicia utiliza "cookies" para almacenar as túas preferencias axudándoche a personalizar a túa experiencia en liña.
Unha cookie é un arquivo de texto que é gravado no disco duro por un servidor de páxinas Web. As cookies son asignadas polo servidor en relación un-a-un, e poden ser lidas unicamente por un servidor membro do dominio que emitiu a cookie para tí.
Unha das principais vantaxes das cookies é que aforran tempo. O propósito dunha cookie é informarlle ao servidor Web que regresaches a unha páxina específica. Isto simplifica o proceso de rexistrar información persoal. Existe a posibilidade de aceptar ou rexeitar cookies. Se escolles que o explorador rexeite cookies, é probable que non poidas aproveitar na súa totalidade as características dos servizos ofrecidos no portal de Forem Galicia.
SEGURIDADE DE INFORMACIÓN PERSOAL
Aseguramos a túa información persoal fronte ao acceso, uso ou divulgación non autorizados. Mantemos a información de identificación persoal que nos facilitaches, en servidores situados nun ambiente controlado e seguro, protexidos do acceso, uso ou divulgación non autorizados.
CANCELACIÓN DE RECEPCIÓN DE PUBLICIDADE FOREM GALICIA
Se non desexa recibir información da oferta formativa de Forem Galicia ou otros envíos relacionadas coa actividade da nosa organización, envíe un email co texto "CANCELAR PUBLICIDADE" á dirección de correo forem_galicia@foremga.ccoo.es .
INFORMACIÓN DE CONTACTO
Calquera comentario relativo a esta Declaración de Privacidade será benvida. Por favor, contactar con forem_galicia@foremga.ccoo.es