Orientación profesional para a cualificación de traballadores e traballadoras 2009

No ano 2009 e con continuidade no ano 2010, FOREM GALICIA colabora con FOREM CONFEDERAL_CCOO na acción complementaria de acompañamento á formación concedida pola Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FTFE) á Confederación Sindical de Comisións Obreiras na convocatoria 2009: “SERVICIO INTEGRADO DE ORIENTACIÓN EN FORMACIÓN Y CALIFICACIÓN PROFESIONAL PARA EL EMPLEO”. 


Este proxecto é unha continuación dos desenvolvidos durante as convocatorias 2006, 2007 e 2008. A finalidade principal é a creación dun servizo integrado de orientación laboral para traballadores ocupados mediante o desenvolvemento de ferramentas de apoio, análise permanente do mercado laboral e aplicación de entrevistas personalizadas de orientación laboral que permita un coñecemento da súa situación profesional respecto ao proceso de adquisición das cualificacións profesionais.

ano: 
2009