Inicio ›
Estudo de necesidades de formación na comarca de A Coruña
Enviado por admin o Lun, 12/04/2010 - 09:45
Desenvolvido por Forem Galicia na convocatoria de accións de acompañamento e apoio á formación de ámbito autonómico 2007 .
O proxecto tivo como principais obxectivos:
- Ofrecer unha ferramenta contrastada para a análise de necesidades de formación intersectorial de ámbito territorial comarcal, que considerando as distintas dimensións do tecido produtivo, permita a medición daqueles indicadores relacionados coas carencias formativas.
- Dispoñer dun estudio de necesidades de formación da comarca de A Coruña que permita a planificación posterior da Formación para o Emprego sobre a base dunha información contextualizada, obxectiva e actualizada.
- Difundir os resultados do estudo realizado tanto no ámbito dos/as traballadores/as e os/as empresarios/as, como ás entidades públicas e entidades de formación máis representativas da comarca.
ano:
2008