Inicio ›
Desire3
Enviado por webadmin o Lun, 24/10/2011 - 08:38
Desire3 é un repositorio de obxectos de aprendizaxe cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, o deseño que se proxecta contempla varios pasos e/ou obxectivos:
- Incorporación ao catálogo de obxectos de aprendizaxe dos obxectos desenvolvidos ao abeiro da orde de accións complementarias de Galicia do 2009 – 2010 (Sempre e cando estes estean desenvoltos utilizando algún estándar que garanta a súa transferibilidade, mantendo sempre a relación de todos os obxectos coas unidades de competencia definidas no Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais e co tipo de licenza de uso asignado)
- Desenvolvemento dun sistema de mantemento do Catálogo de cualificacións que permita a súa actualización segundo as novas incorporacións das cualificacións profesionais, o cal influirá na precisión do punto seguinte.
- Afinación na relación dos obxectos do noso catálogo, mellora no proceso etiquetaxe, xunto coa revisión dos procedementos de procura e presentación dos materiais catalogados utilizando criterios de realización asociados ás unidades de competencia, e propiciando e facilitando a procura de obxectos dunha forma máis precisa.
- Incorporación e mellora dos sistemas de notificacións de incorporacións de obxectos mediante aplicacións para escritorio e dispositivos móbiles que consoliden a bidireccionalidade nas vías de comunicación dentro da rede de coñecemento.
- Mellora da integración coa aula virtual para a previsualización dos obxectos do catálogo que facilite a promoción de estándares interoperables.
- Fomento da comunidade de prácticas mediante o desenvolvemento de webinars levadas a cabo por especialistas neste eido a través de ferramentas de colaboración que permitan traballar en comunidade.
- Memoria de implementación da catalogación e difusión de materiais didácticos 2008 – 2011 na que se recolla a experiencia desenvolta neste período.
- Empaquetado do sistema completo para que garanta a súa transferibilidade a calquera organización que o desexe sen custo de licenza.
Visita a web do proxecto en http://www.proxectodesire.eu
ano:
2011
