Desire 2.0 catálogo de recursos didácticos
DESIRE 2.0
http://www.proxectodesire.eu
Desenvolvida por Forem Galicia na convocatoria de accións de acompañamento e apoio á formación de ámbito autonómico 2009.
Realizado no marco das accións de apoio e de acompañamento á formación, de ámbito autonómico, correspondentes ao exercicio do ano 2009.
En esencia o este proxecto desenvolve unha mellora do proxecto ‘Desenvolvemento dun sistema para repositorio on line (con licenza GPL) de obxectos de aprendizaxe ligados a certificados de profesionalidade’, acadando os seguintes fins :
- Involucrar aos docentes de formación para o emprego en Galicia nunha comunidade que comparta e actualice recursos
- Crear un catálogo documental de recursos formativos que poida consultarse e reutilizarse de xeito sinxelo e visual e aporte os necesarios contidos ás tecnoloxías para a aprendizaxe continua (TAC) na formación para o emprego
- Promocionar unha estrutura homoxénea de presentación de materiais dixitais que en próximas convocatorias permita unha mellor visualización, encaixe e distribución no sistema de catalogación de obxectos de aprendizaxe
O sistema está baseado en software de libre distribución, o que garante a súa transferibilidade. Os recursos etiquétanse para permitir a súa adaptación aos estándares recoñecidos na
aprendizaxe, sexa electrónica ou non. O estándar utilizado e LOM-ES, enlazando as súas posibilidades de clasificación coa adscrición curricular dos obxectos de aprendizaxe (OA). O sistema de clasificación está baseado nas unidades de competencia do sistema nacional de cualificacións.
Os obxectos etiquetados permiten a súa busca, reutilización e/ou actualización.
Publicouse unha guía de estilo dos contidos que permita manter a coherencia formal. O sitio é bilingüe en galego e castelán, pero permite multilinguaxe.
O sitio implementouse con software de libre distribución seleccionado con criterios técnicos explícitos. As funcionalidades novas modularizáronse e documentáronse.
A transferibilidade do produto final garántese pola distribución baixo licenza general public license (gpl) que permite o uso e modificación do software.
