Desire
Desenvolvida por Forem Galicia na convocatoria de accións de acompañamento e apoio á formación de ámbito autonómico 2008 cun orzamento de 100.000€
Realizado no marco das accións de apoio e de acompañamento á formación, de ámbito autonómico, correspondentes ao exercicio do ano 2008.
En esencia o desenvolvemento dun sistema de repositorio para materiais didácticos de interese en formación para o emprego. Este proxecto propón continuar e mellorar este traballo.
O sistema está baseado en software de libre distribución, o que garante a súa transferibilidade. Os recursos etiquétanse para permitir a súa adaptación aos estándares recoñecidos na
aprendizaxe, sexa electrónica ou non. A elección do estándar lom-es foi obvia: a versión oficial publicouse durante o desenvolvemento do proxecto como norma une (une 71361:2009). Unha das categorías importantes en lom é a clasificación, que permite a adscrición curricular dos obxectos de aprendizaxe (OA). No noso caso, é evidente, o sistema de clasificación está baseado nas unidades de competencia do sistema nacional de cualificacións. A base de datos é facilmente actualizable.
Os obxectos etiquetados permiten a súa busca, reutilización e/ou actualización.
Un sistema coma este, para ser eficaz, require o traballo de moitos actores, polo que aplicamos métodos de creación de vínculos sociais nas redes de coñecemento.
Publicouse unha guía de estilo dos contidos que permita manter a coherencia formal. O sitio é bilingüe en galego e castelán, pero permite multilinguaxe.
O sitio implementouse con software de libre distribución seleccionado con criterios técnicos explícitos. As funcionalidades novas modularizáronse e documentáronse.
A transferibilidade do produto final garántese pola distribución baixo licenza general public license (gpl) que permite o uso e modificación do software.