Correlación entre as ocupacións SISPE e a formación do CNCP nas familias de administración, comercio e informática (2009)
Desenvolvido por Forem Galicia na convocatoria de accións de acompañamento e apoio á formación de ámbito autonómico 2008.
A Fundación Formación e Emprego de Galicia (FOREM Galicia) realizou un estudo sobre as relacións que se dan entre as ocupacións, a formación profesional e as cualificacións profesionais das familias profesionais de administración e xestión, comercio e marketing e informática e comunicacións, coa finalidade de analizar en profundidade as correlacións existentes entre elas, de tal xeito que permita a mellora dos sistemas de información relativos ao mercado de traballo así como a mellora da xestión laboral e á atención ás necesidades dos traballadores e dos empregadores.
O estudo tivo como base de actuación, para a implantación do sistema relacional, o establecemento de diversos tipos de análises:
- Relacións entre as ocupacións SISPE e as cualificacións do CNCP, coa descrición detallada do perfil ocupacional de cada unha das ocupacións identificadas.
- Relacións entre o catálogo formativo actual de formación profesional e as cualificacións do CNCP, coa finalidade de establecer se hai unha cobertura completa ou en que áreas habería que completar o catálogo.
- Relacións entre as ocupacións SISPE co catálogo formativo actual de formación profesional e as cualificacións profesionais, que permitan mellorar o sistema de información dos SPE.