Centro Forem Ferrol

O centro de FOREM FERROL conta con dous andares e dispón de tres aulas e dous talleres homologados, un para especialidades relacionadas coa instalación de gas e calefacción e outro taller para especialidades de electricidade, electrónica, mantemento e mecánica industrial.

Ten dúas aulas polivalentes para as especialidades de carácter diverso: relacionadas coa sanidade, servizos sociais, docencia, transporte, apoio as especialidades de taller e outras especialidades de carácter teórico que non requiran dotación específica de aula e unha aula con dotación informática para especialidades de informática: ofimática, deseño web, autocad, topografía, programación e instalación e para as especialidades relacionadas coa empresa: administrativo de persoal, dirección de empresa e secretariado de dirección.

Homologacións:

APLICACIÓNS INFORMÁTICAS DE XESTIÓN – ADGC02
FORMADOR OCUPACIONAL – SSCF10 - Certificado de Profesionalidade
TÉCNICO AUXILIAR EN DESEÑO INDUSTRIAL – ARGD30
TÉCNICO AUXILIAR EN DESEÑO DE INTERIORES – ARGD40
ELECTRICISTA INDUSTRIAL – ELEA10 - Certificado de Profesionalidade
INFORMÁTICA DE USUARIO – IFCI23
INSTALADOR DE GAS – EOCI30
DESEÑO E MODIFICACIÓN DE PLANOS EN 2D E 3D - ARGD02
PROGRAMAS DE RETOQUE DIXITAL E ESCANEAMENTO DE IMAXES - ARGD01
INSTALADOR DE CALEFACCIÓN E AUGA QUENTE SANITARIA - EOCI6
MANTEDOR-REPARADOR DE CALEFACCIÓN E AUGA QUENTE SANITARIA - EOCI62
ADMINISTRADOR DE BASE DE DATOS - IFCI16
DESEÑADOR WEB E MULTIMEDIA - IFCX0304
CELADOR SANITARIO - SANC10
AUXILIAR DE ENFERMARÍA EN XERIATRÍA - SANC3007
TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA - TMVC06
XESTIÓN CONTABLE E XESTIÓN ADMINISTRATIVA PARA AUDITORÍA - ADGD0108 - Certificado de profesionalidade
XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS - ADGD0208 - Certificado de Profesionalidade
ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS NA RELACIÓN CO CLIENTE - ADGG0208 - Certificado de Profesionalidade