Centro Forem Cervo

O centro de FOREM CERVO está distribuído en tres andares e unha nave anexa, dispón de catro aulas e dous talleres homologados, un para especialidades relacionadas coa soldadura e o outro para as especialidades de electricidade, electrónica e enerxías renovables.

Ten tres aulas polivalentes para as especialidades de carácter diverso: relacionadas coa sanidade, servizos sociais, docencia, transporte e apoio as especialidades de taller e outras especialidades de carácter teórico que non requiran dotación específica de aula e unha aula con dotación informática para as especialidades de informática: ofimática, deseño web, autocad, topografía, programación e instalación e para as especialidades relacionadas coa empresa: administrativo de persoal, dirección de empresa e secretariado de dirección.

Homologacións:

INSTALACIÓNS DE ENERXÍAS RENOVABLES EN EDIFICIOS – ELEL13
SOLDADOR DE ESTRUTURAS METÁLICAS LIXEIRAS – FMEL50 - Certificado de Profesionalidade
ATENCIÓN ESPECIALIZADA ENFERMOS ALZHEIMER – SANC01
COIDADOR DE DISCAPACITADOS FÍSICOS E PSÍQUICOS – SSCS01
TÉCNICO EN SISTEMAS DE ENERXÍAS RENOVABLES – ENAE30
APLICACIÓNS INFORMÁTICAS DE XESTIÓN – ADGC02
ELECTRICISTA INDUSTRIAL – ELEA10 - Certificado de Profesionalidade
ELECTRICISTA DE EDIFICIOS - ELEL10 - Certificado de Profesionalidade
TÉCNICO EN SOFWARE OFIMÁTICO – IFCI17
CELADOR SANITARIO - SANC10
AUXILIAR DE ENFERMARÍA EN XERIATRIA - SANC3007
ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS NA RELACIÓN CO CLIENTE - ADGG0208 - Certificado de Profesionalidade
XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS - ADGD0208   - Certificado de Profesionalidade
XESTIÓN CONTABLE E XESTIÓN ADMINISTRATIVA PARA AUDITORÍA - ADGD0108 - Certificado de Profesionalidade