Centro Forem A Coruña

O centro de FOREM CORUÑA dispón 1200 metros cadrados e está deseñado para satisfacer os requisitos de espazo e equipamento dos novos certificados de profesionalidade, dando así resposta ás necesidades de formación das familias profesionais de Administración e xestión, Artes gráficas, Electricidade e Electrónica, Enerxía e Auga, Instalación e mantemento, Informática e Comunicacións e Servizos socioculturais e a comunidade.

O novo centro conta cos espazos formativos seguintes :4 aulas informáticas de 60 metros cadrados, cada unha delas; 1 aula branca, de usos múltiples, de 45 metros cadrados; 1 aula - taller de enerxías renovables, de 100 metros cadrados; 1 aula - taller de electricidade e electrónica, de 140 metros cadrados; 1 aula - taller de frío – climatización, de 150 metros cadrados; 1 aula taller de microinformática, 90 metros cadrados e 1 aula – taller sociosanitario, de 106 metros cadrados.

Ademais, o centro consta de diversos almacéns, para a xestións dos materias das acción formativas e de despachos para o persoal asociado o centro : administración e xestión, técnicos e servizo de orientación.