recoñecemento experiencia profesional

rExp Recoñecemento Experiencia Profesional

recoñecemento experiencia profesionalAntes de rematar o ano 2010, a Consellería de Traballo e Benestar ten previsto realizar a primeira convocatoria do procedemento de recoñecemento da competencia profesional adquirida por experiencia laboral e/ou aprendizaxes non formais.

Entre as unidades de competencia que serán obxecto da convocatoria, figuran as recollidas nas cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e tamén en institucións sociais.

Mediante este procedemento de avaliación, as persoas que nunca estiveron vinculados os sistemas educativos e que aprenderon a través da práctica profesional ou da formación non regrada, poderán demostrar os seus coñecementos e capacidades. Estes, serán avaliados en relación ás Unidades de Competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Podedes consultar o tarxetón informativo e a explicación do procedemento para teres unha idea de como se desenvolve o proceso de avaliación.

Mais información actualizada, na páxina de Formación e Cualificacións da Consellería de Traballo e Benestar, onde se publicitarán as convocatorias.

Onde obter información e orientación :

• Nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.
• Nos centros integrados de Formación Profesional e nos centros de referencia nacional.
• Nos centros propios da Consellería de Traballo e Benestar e nos centros públicos de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
• Na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar
• No Instituto Galego das Cualificacións, tel.: 981 546 840.

Orixe RSS