PDI

Posta en marcha das PDI

Con motivo da posta en marcha do pran Desempregados 2011 e coa colaboración dos técnicos de Prodel, estamos desenvolvendo, nos nosos centros, unhas sesións de posta en marcha das nosas Pizarras Dixitais Interactivas (PDI) Promethean.

As sesións teñen como obxectivos, que os nosos novos docentes coñezan de primeira man o sinxelo que resulta facerse coas ferramentas básicas da PDI e a comodidade e vantaxes da súa utilización.  Ademais, veremos tamén como utilizar a cámara de documentos portátil nas nosas clases, unha estupenda ferramenta coa que tamén contamos nas nosas instalacións.

Ademais dos novos docentes, nas sesións participan outros docentes habituais, que consultan dúbidas específicas, e alumnos das programacións do curso FORMADOR OCUPACIONAL, que aproveitan para estar ao tanto das novas ferramentas didácticas.

Xa temos realizado sesións en Forem Ourense, en Forem Santiago e en Forem Lugo.

As próximas, terán lugar en :

- Forem Oleiros : 23/05 de 13:45 a 15:15

- Forem Cervo  : 24/05 ás 14:30

- Forem Ferrol : 25/05 de 10:00 a 11:30

- Forem Vigo : 26/05 ás 14:30

As PDI, complementan a actualización doutros equipamentos adquiridos para o devantido plan, tales coma os kits de automatismos Industrais, As-i, ou os de control de motores.

Orixe RSS