Onte martes, foi presentado na I Xornadas de Formación para o Emprego da FGFT 'A formación para o Emprego : un reto nos Entornos Económicos Hostís' o noso catalogo de recursos didácticos Desire 2.0.

O proxecto, despois de caso un ano de traballo e mellora, foi desenvolvido baixo o amparo das Accións Complementarias e de Acompañamento á Formación, na súa convocatoria 2009, e baixo a denominación : 'Catalogación e distribución de materiais didácticos ligados ós novos Certificados Profesionais: Desire 2.0, repositorio mellorado para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixitais'.
Entre outros obxectivos, o Desire 2.0, pretende articular unha comunidade de práctica de utilidade para todos os actores do sistema, onde se pase da cultura da competencia á cultura da colaboración, mediante a compartición de obxectos de aprendizaxe dixitais e o uso de espazos sociais.
Nas xornadas, clausuradas hoxe, repartironse preto de 200 cuadernillos onde se explicaban os fitos mai reseñables de cada unha das fases do proxecto, ademais dun empaquetado do sistema completo e funcional nun LiveDVD.
Todas as tecnoloxías empregadas no desenvolvemento e o propio proxecto en si, incluido o código, atopanse baixo licenzas non restrictivas Creative Commons que garanten a libre difusión dos contidos.
Agradecemos o D. Rafael Rodríguez, Director do INCUAL, e a Dna. María Luisa Mallo, Directora do Instituto Galego das Cualificacións, o interese amosado polo noso proxecto.
Grazas, tamén, o persoal da Fundación Galega da Formación para o Traballo pola acollida e trato dispensado o longo de toda a xornada.
Podense descargar os obxectos e recursos existentes, e realizar achegas, a través do portal Desire 2.0.
As novidades de Desire 2.0 publicanse no seu canal twitter @proxectodesire e nos blogues do proxecto.