Forem Coruña

Inauguración de Forem Coruña

A Conselleira de Traballo, Beatriz Mato e o secretario xeral de CC.OO de Galicia, Xosé Manuel Sanchez Aguión, participaron este luns, na inauguración do noso centro Forem Coruña que o Sindicato puxo en marcha o pasado mes de Febreiro, no Polígono da Grela.

A Conselleira respaldou a iniciativa do Sindicato CCOO, enmarcándoa dentro dunha ‘aposta clara pola formación de calidade’ vinculada ás homologacións e acreditacións de competencias que ‘contribuirá moi positivamente á formación e á empleabilidade é o desenvolvemento profesional dos galegos e galegas

Pola súa banda, Sanchez Aguión, destacou as novas instalacións como unha das ferramentas primordiais para acabar co ‘problema mais importante deste país, que é o paro’ axudando a formar ós traballadores.

No novo centro de Forem Coruña, impartirase formación relacionada coas especialidades de Administración e Xestión, Artes Gráficas, Electricidade e Electrónica, Enerxía e Auga e Sociosanitaria, entre outras.

Forem Coruña : apertura do novo centro

O próximo luns día 30 de Xaneiro, engadimos un novo centro  a nosa rede, e comezamos a prestar os nosos servizos dende o noso novo centro de Forem Coruña.

O centro está situado no Polígono da Grela, na rúa Ermita 46-48 (Entrada por Galileo Galilei Nº 64) . Podes empregar a liña 11 do bus urbano da Coruña, (parada Newton / Galileo Galilei) para achegarte.

O novo centro, de mais de 1200 metros cadrados, sustitúe as nosas instalación de Forem Oleiros, e está deseñado para satisfacer os requisitos de espazo e equipamento dos novos certificados de profesionalidade, dando así resposta ás necesidades de formación das seguintes familias profesionais :

- Administración e xestión

- Artes gráficas

- Electricidade e Electrónica

- Enerxía e Auga

- Instalación e mantemento

- Informática e Comunicacións

- Servizos socioculturais e a comunidade

O novo centro conta cos espazos formativos seguintes :

- 4 aulas informáticas de 60 metros cadrados, cada unha delas

- 1 aula branca, de usos múltiples, de 45 metros cadrados

- 1 aula - taller de enerxías renovables, de 100 metros cadrados

- 1 aula - taller de electricidade e electrónica, de 140 metros cadrados

- 1 aula - taller de frío – climatización, de 150 metros cadrados

- 1 aula taller de microinformática, 90 metros cadrados

- 1 aula – taller sociosanitario, de 106 metros cadrados

Ademais dos espazos formativos, o centro consta de diversos almacéns, para a xestións dos materias das acción formativas e de despachos para o persoal asociado o centro : administración e xestión, técnicos e servizo de orientación.
 

Orixe RSS