desire

Inicio dos Webinars do proxecto Desire 3

Dentro do ámbito do proxecto Desire 3, 'Catalogación e difusión de recursos didácticos realizados na convocatoria 2009-2010 como medio de promoción da utilización de estándares na elaboración de materiais didácticos e da aprendizaxe', comezan esta mercores día 15, o ciclo de Webinars asociados o desenvolvemento do proxecto.

O primeiro dos Webinars, baixo o titulo ¿Por qué prefiro unha rede social fronte a Moodle? correrá a cargo de Carlos López Ardao, profesor Titular de Universidade na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, e actualmente é Director do Departamenteo de Enxeñería de Redes e Servicios Telemáticos e Redes de Ordenadores.

Entre outros temas, debatiremos acerca de si ¿É posible utilizar unha rede social como alternativa á plataforma de xestión de aprendizaxe de Moodle? ¿Estamos a utilizar as técnicas axeitadas para os nosos alumnos? ¿Seguen a ser os mesmos os patróns de traballo, atención e preferencias de aprendizaxe?

A conferencia web, desenvolvese no espazo BlackBoard - Elluminate da Fundación, o cal permite realizar intercambio de opinións e debate entre os asistentes o evento, enriquecendoo.

Mais información.

Os próximos webinars previstos, que desenvolverá a iniciativa Desire 3 son :

Aprendizaje invisible: alfabetismos para un mundo plano.  A cargo de Cristobal Cobo, Cristobal e coautor do libro 'Aprendizaje Invisible, hacia una nueva ecología de la educación'. ¿Estas preparado para desaprender e enfrentarte a un novo remix de innovadores paradigmas de aprendizaxe e de desenvolvemento de capital humano?

 

Outras metodoloxías : escola dixital, aberta e colaborativa, a cargo de Tiscar Lara, Vicedecana de Cultura Digital EOI. Como construir unha experiencia de aprendizaxe en rede a través do uso de ferramentas totalmente integradas nunha metodoloxía baseada no 'mobile learning', o 'design thinking' e a educación expandida como referentes.

 

Mais información acerca destes e proximos webinars, na páxina e boletíns do proxecto Desire, en www.proxectodesire.eu, e tamen no seu canal Twitter @proxectodesire.

Para consultar anteriores webinars : no noso canal Vimeo

Outras informacións relacionadas co evento, no portal escuela 2.0, no seu apartado ACTUALIDAD.

Orixe RSS