acreditación de competencias

Atención sociosanitaria : Recoñecemento de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

Publicado no DOG de hoxe 29/03/11, a resolución do 17 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de  recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia da área de atención sociosanitaria do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

As unidades de competencia, referidas na convocartoria, son :

UC0249_2 Desenvolver intervencións de atención física domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades de atención sociosanitaria

UC0250_2 Desenvolver intervencións de atención psicosocial domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades de atención  sociosanitaria

UC0251_2 Desenvolver as actividades relacionadas coa xestión e funcionamento da unidade convivencial

UC1016_2 Preparar e apoiar as intervencións de atención ás persoas e o seu contorno no ámbito institucional indicadas polo equipo interdisciplinario

UC1017_2 Desenvolver intervencións de atención física dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional

UC1018_2 Desenvolver intervencións de atención sociosanitaria dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional

UC1019_2 Desenvolver intervencións de atención psicosocial dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional

Para xustificar a experiencia laboral e /ou a formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar, haberá que xustificar polo menos 3 anos (cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos 10 anos anteriores á convocatoria) e no caso da formación, polo menos 300 horas (nos 10 anos anteriores á convocatoria). Se tes mais de 25 anos e non podes xustificar a túa experiencia laboral ou formativa, unha comisión se encargará de estudar cada caso, e so un informe positivo de esta permitirá a túa participación no procedemento.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 27de Abril.

No Anexo I, da orde, podes consultar a relación de unidades de competencia convocadas, títulos de formación profesional e certificados de profesionalidade dos que forman parte e número máximo de persoas candidatas a avaliar, así como os centros onde se realizará o proceso de acreditación.

Documentación :

- Resolución 17 de Marzo de 2011

- Anexo I : Unidades de competencia convocadas e número máximo de persoas candidatas a avaliar

- Anexo VI : Modelo de certificación / declaración de actividades desenvolvidas na empresa / organización

E importante que revises, de forma exhaustiva, os requisitos para presentarte o proceso de acreditación, indicados na resolución de referencia. Revisa a información dispoñibe no espazo web da Conselleria de Traballo e Benestar aquí.

Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

O pasado venres 25 de marzo de 2011, publicouse no DOG, a Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais,de distintas familias profesionais.

Esta orde determina o procedemento mediante o cal se acredita a cualificación profesional, adquirida a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación. As acreditacións parciais, acreditadas mediante esta fórmula, poderán ser acumulativa, grazas o aprendizaxe permanente.

Para xustificar a experiencia laboral e /ou a formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar, haberá que xustificar polo menos 3 anos (cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos 10 anos anteriores á convocatoria) e no caso da formación, polo menos 300 horas (nos 10 anos anteriores á convocatoria). Se tes mais de 25 anos e non podes xustificar a túa experiencia laboral ou formativa, unha comisión se encargará de estudar cada caso, e so un informe positivo de esta permitirá a túa participación no procedemento.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 14 de Abril.

Se tes pensado presentarte, revisa de forma exhaustiva a documentación que tes que aportar, ademais de como xustificar a experiencia laboral e as competencias adquiridas a través de vías non formais de formación.

A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes, e nesta ocasión, están relacionadas cos ciclos de grado medio e superior seguintes :

-  COCIÑA E GASTRONOMIA

-  FARMACIA E PARAFARMACIA

-  CARROCERÍA

-  EMERXENCIAS SANITARIAS

-  INSTALACIÓNS ELECTRICAS E AUTOMÁTICAS

-  SERVIZOS DE RESTAURACIÓN

-  EDUCACIÓN INFANTIL

No Anexo I da orde, especifícanse as unidades de competencia e os títulos de formación profesional cos que están relacionados, ademais do número de prazas para cada unha delas; e no Anexo II, as sedes onde terá lugar o desenvolvemento do proceso.

Documentación

- Orde do 21 de Marzo de 2011

- Anexo III Solicitude de inscrición no proceso de avaliación e acreditación

- Anexo IV Modelo de declaración xurada

- Anexo VI Modelo de certificación de actividades desenvolvidas na empresa

- Espazo web da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

 



 

Orixe RSS