Oferta formativa

Cursos de formación de prevención de riscos laborais

Xa están disponibles na nosa web os cursos de formación de prevención de riscos laborais. Nesta convocatoria podedes atopar cursos xerais de 30 e 60 horas (TLC) e cursos específicos de sector de 20 horas (administrativos, demolición, ferrallado, electricidade, fontanería, aparatos elevadores e equipos manuais). A inscrición é sen couste para o alumno.

As datas de celebración serán ata o 15 de outubro, polo que se estás interesado/a podes anotarte na nosa páxina web, ou en calquera dos centros de Forem Galicia.

[ CONSULTAR CURSOS DISPOÑIBLES ]

Xornada de enfermidades laborais

Xornada de enfermidades laborais:

"Cancro cero no traballo: químicos e riscos emerxentes".

  • Data: 26 de setembro de 2012
  • Lugar: Hotel Puerta del Camino, Santiago de Compostela [ Como chegar ]
  • Horario: de 09:30 a 14:00 horas en xornada de mañá - 16:00 a 18:00 horas en xornada de tarde.
  • Inscricións: Libre e gratuíta na seguinte ligazón: [ Inscribirse na xornada ]
  • Dirixida a:

·         Responsables de saúde laboral das federacións e territorios do Sindicato Nacional de CC.OO de Galicia.

·         Responsables sindicais doutras áreas.

·         Persoal técnico do Gabinete de prevención de Riscos Laborais do Sindicato.

·         Delegados e delegadas de prevención de Pemes e grandes empresas de Galicia.

·         Delegados e delgadas en xeral.

O número de asistentes previsto 100 persoas.

 

Contido da xornada:

9.00-9.30: Entrega das credenciais aos participantes

9.30-10.00: Inauguración das xornadas .Sánchez Aguión( Secretario Xeral de CCOO Galicia)

10.00-10.40: Ponencia

- “O impacto das enfermidades laborais / Cáncro cero no Traballo.  Pedro J. Linares, Secretario Confederal de Saúde

10.40-11.20: Ponencia

“O risco químico como factor de enfermidade” - Purificación Morán, Técnico PRL de ISTAS

11.20-12.00: Ponencia

“Intervención Sindical para previr  o risco químico nas empresas- Sonia Revilla- Técnico PRL del Gabinete de Salud Laboral de CCOO de Cantabria

12.00-12.30 Pausa Café

12.30-13.30 Ponencia

Presentación do Proxecto de Saúde Laboral para a detección de Enfermidades Laborais.   -Conselleria Sanidade

13.30 – 14.30 ponencia

 “ Reto de Futuro: A química verde, reverdecemento do traballo- Llorens Serrano Giménez

14.30-16.00 Comida

16.00-17.30 “Prevención das  Enfermidades Profesionais nas nosas  empresas: Experiencias sindicais”

- 20 minutos  Iberphone. (delegados/as empresa)

- 20 minutos . (delegados/as empresa)

- 50 min.  Intervención Pedro Cacho.

-15 minutos. Preguntas/consultas.

17.45- 18.00  Clausura da xornada.  Ascensión Esteban Ceballos - Responsable Secretaria Saúde Laboral e Medio Ambiente SN de CCOO de Galicia

AFD 2012 : comezamos o luns 28

O vindeiro luns 28 de Maio, iniciamos o noso plan dirixido de forma preferente a desempregados. Os cursos desenvolveránse no que queda de ano e nesta programación AFD 2012 executaranse nas nosas instalacións de Cervo, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo as accións formativas seguintes :

- CERVO :

ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS NA RELACION CO CLIENTE

ATENCION ESPECIALIZADA PARA ENFERMOS DE ALZHEIMER

AUXILIAR DE ENFERMARÍA EN XERIATRÍA         

- FERROL

XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS             

ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS NA RELACION CO CLIENTE

TÉCNICO AUXILIAR EN DESEÑO INDUSTRIAL

AUXILIAR DE ENFERMARÍA EN XERIATRÍA

- LUGO :

XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS

ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS NA RELACION CO CLIENTE

OPERACIÓNS BASICAS DE COCIÑA        

COCIÑA              

ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO                     

ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIONS SOCIAIS     

-  OURENSE :             

XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS                   

ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS NA RELACION CO CLIENTE                   

XESTIÓN CONTABLE E XESTION ADMINISTRATIVA PARA AUDITORÍA                   

AUXILIAR DE ENFERMARÍA EN XERIATRÍA     

- SANTIAGO             

XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS                  

ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS NA RELACIÓN CO CLIENTE                  

XESTIÓN CONTABLE E XESTION ADMINISTRATIVA PARA AUDITORÍA                   

MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIONS ELÉCTRICAS DE BAIXA TENSIÓN             

PROMOCION TURISTICA LOCAL E INFORMACION AO VISITANTE                         

ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO                 

ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIONS SOCIAIS     

- VIGO

XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS                      

ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS NA RELACION CO CLIENTE                      

XESTIÓN CONTABLE E XESTION ADMINISTRATIVA PARA AUDITORÍA                      

OPERACIÓNS BASICAS DE COCIÑA                            

COCIÑA              

Podes consultar datas e contidos dende aquí.

Seguimos falando disto no noso espazo social en https://www.facebook.com/foremgalicia .

Inauguración de Forem Coruña

A Conselleira de Traballo, Beatriz Mato e o secretario xeral de CC.OO de Galicia, Xosé Manuel Sanchez Aguión, participaron este luns, na inauguración do noso centro Forem Coruña que o Sindicato puxo en marcha o pasado mes de Febreiro, no Polígono da Grela.

A Conselleira respaldou a iniciativa do Sindicato CCOO, enmarcándoa dentro dunha ‘aposta clara pola formación de calidade’ vinculada ás homologacións e acreditacións de competencias que ‘contribuirá moi positivamente á formación e á empleabilidade é o desenvolvemento profesional dos galegos e galegas

Pola súa banda, Sanchez Aguión, destacou as novas instalacións como unha das ferramentas primordiais para acabar co ‘problema mais importante deste país, que é o paro’ axudando a formar ós traballadores.

No novo centro de Forem Coruña, impartirase formación relacionada coas especialidades de Administración e Xestión, Artes Gráficas, Electricidade e Electrónica, Enerxía e Auga e Sociosanitaria, entre outras.

Forem Galicia participa no Proxecto formativo estatal de cualificación e mellora da empleabilidade de mozos menores de 30 anos

O conxunto de accións que conforman este Proxecto, están subvencionadas polo Servizo Público de Emprego Estatal a través da Fundación Tripartita para a Formación no Emprego, e se enmarcan no proxecto formativo, de ámbito estatal de cualificación e mellora da empleabilidade de xóvenes menores de trinta años (Resolución do 6 de outubro de 2011, do Servizo Público de Emprego Estatal) solicitado pola Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CS CCOO), xestionados por FOREM e impartidos por distintas entidades colaboradoras.

Esta oferta formativa, é gratuíta e supón unha gran oportunidade para acadar unha mellor  preparación profesional, mellorar a cualificación profesional , acadar os coñecementos necesarios e adquirir as competencias que permitan adaptarse os novos requirimentos do sistema produtivo, especificamente en aqueles sectores que mostran unha tendencia positiva na súa actividade económica ou un maior potencial de crecemento de emprego, así como nas ocupacións correspondentes os certificados de profesionalidade.

Forem Galicia desenvolverá, neste marco, acción dirixidas a Xóvenes desempregados menores de 30 anos e Xóvenes menores de 30 anos e de baixa cualificación; en ambos casos desempregados.

As acción formativas, desenvolveranse nos centros de Forem Galicia ata o 30 de Xuño de 2012, e estarán vinculadas os seguintes módulos e certificados de profesionalidade :

- MF0233_2 OFIMÁTICA

- SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS

- HOTR0108_1 OPERACIÓNS BÁSICAS DE COCIÑA

A realización de certificados ou módulos de certificados de nivel 2 e 3, teñen asociados, para o alumnado, requisitos de acceso, e para todas as accións se realizará un proceso de selección.

Desempregados 2011 : unha achega as experiencias dos alumnos

Hoxe chegounos a última nova en relación co noso plan Desempregados 2011. O alumno Javier Blasco Rodríguez, do curso TÉCNICO AUXILIAR EN DESEÑO GRÁFICO, impartido en Forem Vigo, quedou finalista, entre mais de 5000 propostas gráficas de todo o mundo,  do prestixioso ‘10º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario FRANCISCO MANTECÓN’. O concurso é un evento de recoñecido prestixio no ámbito do deseño gráfico. Nesta ocasión, o xurado estivo composto, entre outros, por Javier Mariscal, Alberto Corazón e Oscar Marine.

No desenvolvemento das nosas accións do plan Desempregados, formamos a 555 alumnos dentro de ámbitos diversos :  DESEÑO GRÁFICO, ATENCIÓN SOCIO SANITARIA, ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS, ELECTRICIDADE, COCIÑA , PROGRAMACIÓN DE ORDENADORES E ENERXIAS RENOVABLES, entre outros

A formación foi apoiada por distintas accións, nas que os alumnos e alumnas participaron coa fin de reforzar ‘in situ’ o coñecemento adquirido ou en outras que, con carácter transversal favoreceron o traballo en grupo ou o aprendizaxe social. Tamén realizamos algúns concursos en diferentes eidos para estimular a creatividade.

Algunhas mostras dos traballos e experiencias desenvolvidas poden consultarse no noso espazo para os alumnos, na nosa ‘Fan Page’ no facebook e no noso espazo para os docentes, Desire.

  • Novas metodoloxías no curso impartido en Forem Oleiros, de XESTIÓN INTEGRADA DE RRHH, coa ferramenta Schoology.
  • Formas de formar, dende Forem Ferrol, o seu blogue do curso FORMADOR OCUPACIONAL.

Podes seguir o tanto das nosas actividades no noso canle para alumnos : www.facebook.es/foremgalicia, no noso canle docente www.twitter.com/proxectodesire e nos nosos canles corporativos : http://portal.foremgalcia.eu e www.twitter.com/foremgalicia .

Dispoñible oferta formativa prioritariamente ocupados

 

Xa están dispoñibles os plans Intersectorial Autonómico 2011 e o plan sectorial Administración e Novas Tecnoloxías 2011, que a Fundación Forem Galicia desenvolveu baixo o amparo da ORDE do 6 de xuño de 2011 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais e sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

Podes acceder á oferta dende a opción 'Oferta formativa' que se atopa na barra de navegación superior. Dende o árbore de buesqueda, poderás filtrar por centro de impartición ou modalidade da acción formativa, entre outras.

Dende a nosa Oferta formativa, poderás consultar os obxectivos e contido do curso, as datas e horario de impartición, e inscribirte para participr no proceso de selección da acción do teu interese. Calquera dúbida ao respecto podes consultala a través dos nosos Centros ou tamén no espazo facebook da nosa Fundación : http://www.facebook.com/foremgalicia.

A CCOOnectafurgo de CCOO na nosa Comunidade

Durante a vindeira semana, a CCOOnectafurgo de CCOO, visitará a nosa Comunidade.

A CCOOnectafurgo é un espazo móbil adicado a promover a conexión, de forma directa, entre o ciudadano e o Sistema Nacional de Cualificacións e a Formación para o Emprego.

A COOnectafurgo, conta coa atención de técnicos e técnias de Orientación do Forem Confederal apoiados, nesta ocasión, por orientadores e orientadoras da Fundación Forem Galicia. Estes darán servizo oes estudantes, traballadores ou desempregados que se acerquen a facer calquera consulta sobre a demanda de formación e orientación profesional.

As datas e os lugares onde poderemos visitar o vehículo son as seguintes :

Vigo: día 10 de Maio, na Praza de América, s/n, enfronte ao Instituto Santa Irene

Santiago: día 11 de Maio, na Avda. Coruña con Marqués de Sargadelos

Coruña: día 12 de Maio, no Polígono da Grela, diante do WorkCenter

Ourense: día 13 de Maio, na rúa Paseo, esquina co Parque San Lázaro

A campaña de difusión rematará o o próximo día 8 de xuño, coa celebración dun seminario en Santiago de Compostela, no que participará entre outros, o Secretario de Formación para o Emprego Confederal, Fernando Puig-Samper.

Mais información na páxina do proxecto : CCOONECTATE A LA FORMACIÓN

Atención sociosanitaria : Recoñecemento de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

Publicado no DOG de hoxe 29/03/11, a resolución do 17 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de  recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia da área de atención sociosanitaria do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

As unidades de competencia, referidas na convocartoria, son :

UC0249_2 Desenvolver intervencións de atención física domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades de atención sociosanitaria

UC0250_2 Desenvolver intervencións de atención psicosocial domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades de atención  sociosanitaria

UC0251_2 Desenvolver as actividades relacionadas coa xestión e funcionamento da unidade convivencial

UC1016_2 Preparar e apoiar as intervencións de atención ás persoas e o seu contorno no ámbito institucional indicadas polo equipo interdisciplinario

UC1017_2 Desenvolver intervencións de atención física dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional

UC1018_2 Desenvolver intervencións de atención sociosanitaria dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional

UC1019_2 Desenvolver intervencións de atención psicosocial dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional

Para xustificar a experiencia laboral e /ou a formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar, haberá que xustificar polo menos 3 anos (cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos 10 anos anteriores á convocatoria) e no caso da formación, polo menos 300 horas (nos 10 anos anteriores á convocatoria). Se tes mais de 25 anos e non podes xustificar a túa experiencia laboral ou formativa, unha comisión se encargará de estudar cada caso, e so un informe positivo de esta permitirá a túa participación no procedemento.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 27de Abril.

No Anexo I, da orde, podes consultar a relación de unidades de competencia convocadas, títulos de formación profesional e certificados de profesionalidade dos que forman parte e número máximo de persoas candidatas a avaliar, así como os centros onde se realizará o proceso de acreditación.

Documentación :

- Resolución 17 de Marzo de 2011

- Anexo I : Unidades de competencia convocadas e número máximo de persoas candidatas a avaliar

- Anexo VI : Modelo de certificación / declaración de actividades desenvolvidas na empresa / organización

E importante que revises, de forma exhaustiva, os requisitos para presentarte o proceso de acreditación, indicados na resolución de referencia. Revisa a información dispoñibe no espazo web da Conselleria de Traballo e Benestar aquí.

Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

O pasado venres 25 de marzo de 2011, publicouse no DOG, a Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais,de distintas familias profesionais.

Esta orde determina o procedemento mediante o cal se acredita a cualificación profesional, adquirida a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación. As acreditacións parciais, acreditadas mediante esta fórmula, poderán ser acumulativa, grazas o aprendizaxe permanente.

Para xustificar a experiencia laboral e /ou a formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar, haberá que xustificar polo menos 3 anos (cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos 10 anos anteriores á convocatoria) e no caso da formación, polo menos 300 horas (nos 10 anos anteriores á convocatoria). Se tes mais de 25 anos e non podes xustificar a túa experiencia laboral ou formativa, unha comisión se encargará de estudar cada caso, e so un informe positivo de esta permitirá a túa participación no procedemento.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 14 de Abril.

Se tes pensado presentarte, revisa de forma exhaustiva a documentación que tes que aportar, ademais de como xustificar a experiencia laboral e as competencias adquiridas a través de vías non formais de formación.

A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes, e nesta ocasión, están relacionadas cos ciclos de grado medio e superior seguintes :

-  COCIÑA E GASTRONOMIA

-  FARMACIA E PARAFARMACIA

-  CARROCERÍA

-  EMERXENCIAS SANITARIAS

-  INSTALACIÓNS ELECTRICAS E AUTOMÁTICAS

-  SERVIZOS DE RESTAURACIÓN

-  EDUCACIÓN INFANTIL

No Anexo I da orde, especifícanse as unidades de competencia e os títulos de formación profesional cos que están relacionados, ademais do número de prazas para cada unha delas; e no Anexo II, as sedes onde terá lugar o desenvolvemento do proceso.

Documentación

- Orde do 21 de Marzo de 2011

- Anexo III Solicitude de inscrición no proceso de avaliación e acreditación

- Anexo IV Modelo de declaración xurada

- Anexo VI Modelo de certificación de actividades desenvolvidas na empresa

- Espazo web da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

 



 

Orixe RSS