Tecnoloxía no aprendizaxe

I Feira Internacional de Emprego

Forem Galicia participará na primeira edición da Feira Internacional de Emprego que se celebrará   os días 3 e 4 de novembro en Santiago de Compostela. Organizada pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago de Compostela,pretende converterse nun espazo de encontro e intercambio de información entre futuros empregados e as empresas e entidades participantes.

A FIE permitirá ás persoas demandantes de emprego da cidade entraren en contacto directo cun número importante de empresas, tanto españolas como estranxeiras (de todos os sectores económicos: tecnoloxía, turismo, industria, banca, seguros, comercio, servizos, sanidade,...) , que aproveitan os meses de novembro e decembro para
seleccionar e dimensionar os seus cadros de persoal cara o novo ano e as campañas de maior consumo.

Máis información no sitio web do evento: http://www.feiradoempregosantiago.org.

Posta en marcha das PDI

Con motivo da posta en marcha do pran Desempregados 2011 e coa colaboración dos técnicos de Prodel, estamos desenvolvendo, nos nosos centros, unhas sesións de posta en marcha das nosas Pizarras Dixitais Interactivas (PDI) Promethean.

As sesións teñen como obxectivos, que os nosos novos docentes coñezan de primeira man o sinxelo que resulta facerse coas ferramentas básicas da PDI e a comodidade e vantaxes da súa utilización.  Ademais, veremos tamén como utilizar a cámara de documentos portátil nas nosas clases, unha estupenda ferramenta coa que tamén contamos nas nosas instalacións.

Ademais dos novos docentes, nas sesións participan outros docentes habituais, que consultan dúbidas específicas, e alumnos das programacións do curso FORMADOR OCUPACIONAL, que aproveitan para estar ao tanto das novas ferramentas didácticas.

Xa temos realizado sesións en Forem Ourense, en Forem Santiago e en Forem Lugo.

As próximas, terán lugar en :

- Forem Oleiros : 23/05 de 13:45 a 15:15

- Forem Cervo  : 24/05 ás 14:30

- Forem Ferrol : 25/05 de 10:00 a 11:30

- Forem Vigo : 26/05 ás 14:30

As PDI, complementan a actualización doutros equipamentos adquiridos para o devantido plan, tales coma os kits de automatismos Industrais, As-i, ou os de control de motores.

BETT 2011 Tecnoloxía para o aprendizaxe

bett feria tecnología informática

O proximo mes de xanerio terá lugar en Londres, a feira BETT, unha das exposicións de tecnoloxía para o aprendizaxe mais importante e ampla do mundo. Na feira podense coñecer e probar, de primeira man, todas as novidades e solucións que a industria intenta achegar a todos os ámbitos da formación, dende a xestión á operativa diaria.

Esta edición contará con mais de 600 exibidores e preto de 100 seminarios.

Gracias á colaboración do persoal docente da UNED, dende Forem Galicia, asistiremos a devandita feira, os proximos 12 e 13 de Xaneiro, e estaremos acompañados por compañeiros doutros Forem ademais de parte dos membros da CatedraElearning.es e de algúns alumnos dos postgrados 'Especialista en Internet e Pizarras Dixitais no aula' e 'Experto en e-learning 2.0 : educación por Interet e formación en liña'

Esperamos aportar algunhas novidades que fortalezcan os nosos procesos e ferramentas, facilitando o labor dos nosos docentes e o aprendizaxe dos nosos alumnos.

BETT 2011 - The biggest UK trade show of educational tecnology & resources
 

Orixe RSS