Os próximos dias 12,13 e 14 de abril, celebrase en Pontevedra EDUGAL, o maior salón da oferta de educación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Será un lugar de encontro entre o alumnado, os profesionales da ensinanza, os centros de formación e as institucións educativas.
A Fundación Forem Galicia particiaprá a través dun stand informativo para asesoramento e información a todos os achegados, e en dous obradoiros que se desenvolverán nas xornadas técnicas FORMA edugal , así como nunha mesa redonda e un coloquio.
Os obradorios nos que participaremos, acompañados por outros axentes sociais, serán os seguintes :
'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Itinerarios formativos para acadar Titulacións da regrada a través dos Certificados de Profesionalidade'
'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Recoñecemento das competencias pola vía da experiencia profesional e a formación formal e non formal'
Para que estes, podan chegar a maior cantidade de interesados, repetiranse en distintintas sesións :
Xoves 12 de abril de mañan:
Obradoiro: 'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Itinerarios formativos para acadar Titulacións da regrada a través dos Certificados de Profesionalidade'.
Xoves 12 de abril de tarde
Obradoiro: 'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Recoñecemento das competencias pola vía da experiencia profesional e a formación formal e non formal'.
Venres 13 de abril de mañan:
Obradoiro: 'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Recoñecemento das competencias pola vía da experiencia profesional e a formación formal e non formal'.
Venres 13 de abril de tarde:
Obradoiro: 'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Itinerarios formativos para acadar Titulacións da regrada a través dos Certificados de Profesionalidade'
O programa completo de Edugal 2012 pode descargarse dende aquí.
A invitación e gratuita, e podes descargala dende aquí.