Espazos Comunitarios : A nosa páxina de facebook
Forem Galicia![]() |
A próxima semana fará dous meses que botamos a andar o noso espazo comunitario en facebook. Queremos agradecer os nosos fans a boa acollida que nos fixestedes nesta corta pero interesante andadura. O obxectivo deste espazo e ter un marco distendido onde vos podamos contar as diversas actividades que desenvolvemos nos cursos das nosas programacións, as prazas dispoñibles de último momento e calquera outra noticia ou actividade directamente relacionada co voso proceso formativo. |
Somos conscientes de que temos moito camiño que percorrer e iso e imposible sen a axuda de todos, por iso queremos pedirche que nos contes ou comentes qué botas de menos neste espazo. Todas as suxestións seran ben recibidas.
Preme na nosa insignia e achegate o noso facebook para falar.
Grazas de novo.

