Desempregados 2011 : reunión docente

Onte tivo lugar, nas nosas oficinas centrais, unha xuntaza de traballo cos nosos docentes que impartirán as accións do plan preferentementre Desempregados 2011.

A reunión desenvolveuse na aula socio sanitaria, das nosas novas instalacións situadas no Poligo do Tambre.

A xuntanza estivo presentada pola Directora do Área Técnica e os técnicos asociados a cada unha das especialidades formativas principais. Entre outros temas presentaronse :

- os novos certificados de profesionalidade que impartiremos nesta programación,

- normas en canto a orde e xestión dos espazos en aulas e talleres,

- xestión do inventario dispoñible para cada curso, e

- as novas canles de comunicación cos nosos docentes e alumnos (@proxectodesire, para os nosos docentes; www.facebook.com/foremgalicia, para os nosos alumnos; e @foremgalicia para as novas corporativas)

Ademais destes tema principais, incidiuse na importancia do reciclaxe docente entorno os servizos da web 2.0.