A CCOOnectafurgo de CCOO na nosa Comunidade

Durante a vindeira semana, a CCOOnectafurgo de CCOO, visitará a nosa Comunidade.

A CCOOnectafurgo é un espazo móbil adicado a promover a conexión, de forma directa, entre o ciudadano e o Sistema Nacional de Cualificacións e a Formación para o Emprego.

A COOnectafurgo, conta coa atención de técnicos e técnias de Orientación do Forem Confederal apoiados, nesta ocasión, por orientadores e orientadoras da Fundación Forem Galicia. Estes darán servizo oes estudantes, traballadores ou desempregados que se acerquen a facer calquera consulta sobre a demanda de formación e orientación profesional.

As datas e os lugares onde poderemos visitar o vehículo son as seguintes :

Vigo: día 10 de Maio, na Praza de América, s/n, enfronte ao Instituto Santa Irene

Santiago: día 11 de Maio, na Avda. Coruña con Marqués de Sargadelos

Coruña: día 12 de Maio, no Polígono da Grela, diante do WorkCenter

Ourense: día 13 de Maio, na rúa Paseo, esquina co Parque San Lázaro

A campaña de difusión rematará o o próximo día 8 de xuño, coa celebración dun seminario en Santiago de Compostela, no que participará entre outros, o Secretario de Formación para o Emprego Confederal, Fernando Puig-Samper.

Mais información na páxina do proxecto : CCOONECTATE A LA FORMACIÓN