Arrancamos Desire 3

Xa comezamos a desenvolver a nova versión do noso proxecto desire (Deseño dun Sistema de Repositorio). Xa temos constituídos os equipos de traballo internos e externos para desenvolver as fases e fitos do proxecto.

Baixo o epígrafe ‘Acción para a elaboración e experimentación de produtos, técnicas e/ou ferramentas de carácter innovador de interese para a mellora da formación profesional para o emprego’ e no marco da Orde do 14 de setembro de 2010 pola que se aproba a convocatoria para a concesión de subvencións públicas destinadas á realización de apoio e de acompañamento á formación, de ámbito autonómico, correspondentes ao exercicio do 2010; a Fundación Forem Galicia presentou o proxecto :

‘Catalogación e difusión de recursos didácticos realizados na convocatoria 2009 -2010 como  medio de promoción da utilización de estándares na elaboración de materiais didácticos e da aprendizaxe’

O finalizar o proxecto, achegaremos os produtos seguintes :

1. Repositorio e sistema de catalogación de materiais didácticos realizados na convocatoria 2009 – 2010

2. Sistema de notificación para escritorio, plataformas PC e móbiles

3. Sistema de actualización da base de datos do SNCP na que se sustenta o repositorio

4. Entregables que detallen e describan os resultados e desenvolvemento da acción

O proxecto desenvolverase o longo do ano 2011, ata o 30 de Setembro, o redor do cal terá lugar a presentación do traballo desenvolvido, no foro que determine a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar 

Como continuación do traballo das pasadas revisións do proxecto, nesta edición seguiremos traballando na

- Promoción e o  uso de estándares na elaboración e catalogación de obxectos de aprendizaxe

- Idea de ‘comunidade social’ afianzando os lazos existentes entre docentes e axentes

Como elementos de promoción e difusión, nesta revisión, seguiremos contando coa realización de webinars, como na pasadas edición e dun concurso de creación de obxectos de aprendizaxe. Tamén estamos preparando un Taller Aberto de Aprendizaxe e Colaboración que esperamos achegue as ferramentas e o paradigma da Web 2.0 a todos os docentes e axentes interesados .

As novas respecto a marcha do proxecto, como de costume, serán comunicadas a través do nos portal www.proxectodesire.eu e o noso canal twitter @proxectodesire – todavía non nos segues?-.