Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

O pasado venres 25 de marzo de 2011, publicouse no DOG, a Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais,de distintas familias profesionais.

Esta orde determina o procedemento mediante o cal se acredita a cualificación profesional, adquirida a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación. As acreditacións parciais, acreditadas mediante esta fórmula, poderán ser acumulativa, grazas o aprendizaxe permanente.

Para xustificar a experiencia laboral e /ou a formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar, haberá que xustificar polo menos 3 anos (cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos 10 anos anteriores á convocatoria) e no caso da formación, polo menos 300 horas (nos 10 anos anteriores á convocatoria). Se tes mais de 25 anos e non podes xustificar a túa experiencia laboral ou formativa, unha comisión se encargará de estudar cada caso, e so un informe positivo de esta permitirá a túa participación no procedemento.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 14 de Abril.

Se tes pensado presentarte, revisa de forma exhaustiva a documentación que tes que aportar, ademais de como xustificar a experiencia laboral e as competencias adquiridas a través de vías non formais de formación.

A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes, e nesta ocasión, están relacionadas cos ciclos de grado medio e superior seguintes :

-  COCIÑA E GASTRONOMIA

-  FARMACIA E PARAFARMACIA

-  CARROCERÍA

-  EMERXENCIAS SANITARIAS

-  INSTALACIÓNS ELECTRICAS E AUTOMÁTICAS

-  SERVIZOS DE RESTAURACIÓN

-  EDUCACIÓN INFANTIL

No Anexo I da orde, especifícanse as unidades de competencia e os títulos de formación profesional cos que están relacionados, ademais do número de prazas para cada unha delas; e no Anexo II, as sedes onde terá lugar o desenvolvemento do proceso.

Documentación

- Orde do 21 de Marzo de 2011

- Anexo III Solicitude de inscrición no proceso de avaliación e acreditación

- Anexo IV Modelo de declaración xurada

- Anexo VI Modelo de certificación de actividades desenvolvidas na empresa

- Espazo web da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa