
CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
¿QUÉ É UN CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE?
É un documento que acredita a un traballador/a nunha cualificación profesional do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais.
¿QUÉN EXPIDE DITO CERTIFICADO?
Son emitidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (INEM) e pola Administración Laboral das Comunidades Autónomas.
¿PARA QUÉ ME SIRVE DITO CERTIFICADO?
Tanto os títulos de formación profesional como os certificados de profesionalidade terán os efectos que lles correspondan con arreglo a normativa da Unión Europea relativa ao sistema xeral de recoñecemento da formación profesional nos Estados membros da Unión e demáis Estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo. Ditos títulos e certificados acreditan as correspondentes cualificacións profesionais.
¿CÓMO SE OBTEN DITO CERTIFICADO?
Para obter o certificado, o alumno debe de estar en posesión das certificacións parciais das distintas Unidades de Competencia que compoñen o Certificado.
Para obter unha Unidade de Competencia ten as seguintes vías:
-
Superar os módulos formativos correspondentes, mediante a realización e avaliación das accións formativas pertinentes.
-
Participando nas probas que ao respecto convoque a Administración correspondente para dita UNIDADE DE COMPETENCIA, baseándose no Real Decreto 1224/2009 de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
-
Mediante a convalidación da UNIDADE DE COMPETENCIA por estar en posesión de dita UNIDADE a través da Formación Profesional do sistema educativo.
As Administracións competentes levaran un rexistro nominal por especialidades tanto das acreditacións das UNIDADES de COMPETENCIA como dos Certificados que expidan.
Os Centros autorizados para a impartición dos módulos formativos deberán entregar a Administración unha acta de avaliación dos alumnos que participaran, indicando en termos de apto/non apto a superación do módulo. Dita acta será o referente para a Certificación da Unidade de competencia.
MODALIDADES DE IMPARTICIÓN DAS ACCIÓNS FORMATIVAS
A formación poderá impartirse de forma presencial, a distancia, teleformación ou mixta.
A norma que regule cada certificado de profesionalidade determinará as condicións nas que os módulos formativos poderán ser ofertados nas distintas modalidades, en función da natureza dos contidos e dos colectivos destinatarios.
QUÉ CENTROS PODEN IMPARTIR ESTAS ACCIÓNS
Aqueles previamente autorizados pola Administración Laboral ou educativa pertinente.
Para saber máis
Búsqueda Certificados de profesionalidade