blogue de carpaga

Accións de Apoio e Acompañamento á Formación : presentación de produtos finais

Os próximos días 27 e 28 de setembro de 2011, a Fundación Forem Galicia presentará os produtos finais das Accións de Apoio e Acompañamento á Formación, convocatoria 2010, cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

As accións desenvolvidas pola Fundación, son :

1. Catalogación e difusión de recursos didácticos realizados na convocatoria 2009 -- 2010 como medio de promoción da utilización de estándares na elaboración de materiais didácticos e da aprendizaxe. [+ info]

2. Elaboración das guías e materiais didácticos que van utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de operacións básicas de cociña (Real decreto 1376/2008) nas modalidades de formación presencial e teleformación. [+ info]

A presentación terá lugar no eido da II Xornada de Formación para o Emprego: “A Formación para o emprego marcando o rumbo”, que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro de 2011. O evento está organizado pola Fundación Galega da Formación para o Traballo .

Os proxectos, da Fundación, serán presentados nas localizacións seguintes :

1. Mércores, 28 de Setembro de 2011, de 10:15 a 11:15, na SALA 1

2. Martes, 27 de Setembro  de 2011, de 15:30  a 16:45, na SALA 1

O longo das xornadas, terán lugar relatorios que tratarán sobre a situación actual e propostas de futuro en materia de formación para o emprego, intervindo tanto representantes da Administración, das organizacións empresariais e sindicais, así como expertos nacionais e internacionais, tanto do ámbito empresarial con expansión no exterior e de organismos públicos doutros países.

Se está interesado en asistir ás II Xornadas da FGFT pode formalizar a súa inscrición a través do seu portal web: www.fgft.org.

Presentado Desire 2.0

Onte martes, foi presentado na I Xornadas de Formación para o Emprego da FGFT 'A formación para o Emprego : un reto nos Entornos Económicos Hostís' o noso catalogo de recursos didácticos Desire 2.0.

 

desire 2.0

 

O proxecto, despois de caso un ano de traballo e mellora, foi desenvolvido baixo o amparo das Accións Complementarias e de Acompañamento á Formación, na súa convocatoria 2009, e baixo a denominación : 'Catalogación e distribución de materiais didácticos ligados ós novos Certificados Profesionais: Desire 2.0, repositorio mellorado para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixitais'.

Entre outros obxectivos, o Desire 2.0, pretende articular unha comunidade de práctica de utilidade para todos os actores do sistema, onde se pase da cultura da competencia á cultura da colaboración, mediante a compartición de obxectos de aprendizaxe dixitais e o uso de espazos sociais.

Nas xornadas, clausuradas hoxe, repartironse preto de 200 cuadernillos onde se explicaban os fitos mai reseñables de cada unha das fases do proxecto, ademais dun empaquetado do sistema completo e funcional nun LiveDVD.

Todas as tecnoloxías empregadas no desenvolvemento e o propio proxecto en si, incluido o código, atopanse baixo licenzas non restrictivas Creative Commons que garanten a libre difusión dos contidos.

Agradecemos o D. Rafael Rodríguez, Director do INCUAL, e a Dna. María Luisa Mallo, Directora do Instituto Galego das Cualificacións, o interese amosado polo noso proxecto.

Grazas, tamén, o persoal da Fundación Galega da Formación para o Traballo pola acollida e trato dispensado o longo de toda a xornada.

Podense descargar os obxectos e recursos existentes, e realizar achegas, a través do portal Desire 2.0.

As novidades de Desire 2.0 publicanse no seu canal twitter @proxectodesire e nos blogues do proxecto.

Orixe RSS