Talleres de Xogo Serio e Elluminate, con Lucio Margulis

Xa temos as datas fixadas dos talleres sobre Xogo Serio, que dentro da programación Continua 2010, Lucio Margulis impartirá na Fundación Forem Galicia, estas serán :

TALLER 1 : (20 prazas)

- 23/09/10 : Sesión introdutoria á plataforma Elluminate (video conferencia)
- 27/09/10 : Sesión 2 horas Xogo Serio (video conferencia)
- 08/10/10 : Taller presencial nas nosas novas instalacións do Poligono do Tambre (Santiago de Compostela), 8 horas presencial (1 xornada de 5 + 3 horas)
- 18/10/10 : Sesión final de 2 horas Xogo Serio (video conferencia)
- 03/11/10 : Sesión final Elluminate (video conferencia)

TALLER 2 : (20 prazas)

- 28/09/10 : Sesión introdutoria à plataforma Elluminate (video conferencia)
- 30/09/10 : Sesión 2 horas Xogo Serio (video conferencia)
- 09/10/10 : Taller presencial nas nosas novas instalacións do Poligono do Tambre (Santiago de Compostela), 8 horas presencial (1 xornada de 5 + 3 horas)
- 20/10/10 : Sesión final de 2 horas Xogo Serio (video conferencia)
- 04/11/10 : Sesión final Elluminate (video conferencia)

Para preinscribirte, xa sabes que tes que estar rexistrado no noso portal e logo acceder á opción Oferta Formativa, e escoller o centro de Santiago, onde atoparas os dous cursos de Élluminate e Xogo Serio.

Paras as sesións de video conferencia so precisas unha conexión a Internet, un micrófono e unha cámara web.

Lucio Margullis, é un experto na metodoloxía LEGO SERIOUS PLAY, ferramenta baseada en investigacións que demostraron unha conexión directa entre as máns e o área emocional da mente. A través da súa aplicación, preseguese acelerar o proceso de identificación, análise e solución dun problema, acadando o compromiso de tódo-los involucrados.

Algúns dos que traballamos no proxecto desire xa tivemos a oportunidade de participar nun dos seus talleres (dispoñibes no noso canal vimeo), e é una experiencia que non podes deixar pasar.