Novo centro da Fundación Forem Galicia

in

 

Hoxe , xoves 21 de octubro as 13 horas, o presidente da Fundación Forem Galicia D. Francisco Javier Montero Dongil, acompañado do Secretario Xeral de CC.OO. de Galicia, D. Xosé Manuel Sanchez  Aguión, o alcalde da cidade de Santiago D. Xosé Manuel Sanchez Bugallo a Conselleira de Trabalo e Benestar, Doña Beatriz Mato Otero, e o Delegado do goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes, entre outra autoridades, procederá á inauguración do novo centro de formación de Forem Galicia, que levará por nome “Koldo Madariaga” en memoria do que foi anterior director e artífice do seu impulso.

O novo centro, ubicado na vía Edison, 1C  do Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, albergará no mesmo edificio, o centro de formación de Forem Santiago, e as oficinas de Servicios Centrais de Forem Galicia.

O centro, que pretende ser referencia no ámbito da formación profesional ocupacional e continua, conta para iso cunhas modernas instalaciós, dotadas dun amplo despliegue tecnolóxico que permite adecuar os seus espacios e aulas ós requisitos de homologación esixidos polos novos certificados de profesionalidade e Cualificacións do Sistema Nacional de Cualificaciónms profesionais. O centro conta con taller de soldadura, taller de electricidade e enerxias renovables, taller de atención sociosanitaria , ademáis de aulas de informática e comunicacións e outras aulas adaptadas a diferentes especialidades.

O centro que hoxe inaguramos , tenta cumprir unha doble función social e formativa, que repercutirá, sen dúbida, na posibilidade de construir unha sociedade de persoas mellor formadas e con maiores oportunidades.

Para Forem Galicia, que busca o progreso integral das persoas ,  traballadores e traballadoras, é ineludible asumir un compromiso incondicional coa formación, incluso en épocas económicamente difíciles como a que estamos a atravesar. Compromiso que concretase en acción e inversión reais e tanxibles. Accións e inversión cuxos frutos podemos observar.

Finalmente dar as gracias a todas as persoas que fixeron posible ó centro que hoxe é unha realidade, e desexar que o centro sexa unha fonte de progreso para a cidadanía , e un elemento que inflúa no seu entorno para mellorar a realidade social da nosa cidade e comunidade.