Blogues

Inauguración de Forem Coruña

A Conselleira de Traballo, Beatriz Mato e o secretario xeral de CC.OO de Galicia, Xosé Manuel Sanchez Aguión, participaron este luns, na inauguración do noso centro Forem Coruña que o Sindicato puxo en marcha o pasado mes de Febreiro, no Polígono da Grela.

A Conselleira respaldou a iniciativa do Sindicato CCOO, enmarcándoa dentro dunha ‘aposta clara pola formación de calidade’ vinculada ás homologacións e acreditacións de competencias que ‘contribuirá moi positivamente á formación e á empleabilidade é o desenvolvemento profesional dos galegos e galegas

Pola súa banda, Sanchez Aguión, destacou as novas instalacións como unha das ferramentas primordiais para acabar co ‘problema mais importante deste país, que é o paro’ axudando a formar ós traballadores.

No novo centro de Forem Coruña, impartirase formación relacionada coas especialidades de Administración e Xestión, Artes Gráficas, Electricidade e Electrónica, Enerxía e Auga e Sociosanitaria, entre outras.

Forem Galicia en Edugal 2012

Os próximos dias 12,13 e 14 de abril, celebrase en Pontevedra EDUGAL, o maior salón da oferta de educación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Será un lugar de encontro entre o alumnado, os profesionales da ensinanza, os centros de formación e as institucións educativas.

A Fundación Forem Galicia particiaprá a través dun stand informativo para asesoramento e información a todos os achegados, e en dous obradoiros que se desenvolverán nas xornadas técnicas FORMA edugal , así como nunha mesa redonda e un coloquio.

Os obradorios nos que participaremos, acompañados por outros axentes sociais, serán os seguintes :

'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Itinerarios formativos para acadar Titulacións da regrada a través dos Certificados de Profesionalidade'

'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Recoñecemento das competencias pola vía da experiencia profesional e a formación formal e non formal'

Para que estes, podan chegar a maior cantidade de interesados, repetiranse en distintintas sesións :

Xoves 12 de abril de mañan:

Obradoiro: 'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Itinerarios formativos para acadar Titulacións da regrada a través dos Certificados de Profesionalidade'.

Xoves 12 de abril de tarde

Obradoiro: 'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Recoñecemento das competencias pola vía da experiencia profesional e a formación formal e non formal'.

Venres 13 de abril de mañan:

Obradoiro: 'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Recoñecemento das competencias pola vía da experiencia profesional e a formación formal e non formal'.

Venres 13 de abril de tarde:

Obradoiro: 'As cualificacións profesionais dentro da formación para o emprego: Itinerarios formativos para acadar Titulacións da regrada a través dos Certificados de Profesionalidade'

O programa completo de Edugal 2012 pode descargarse dende aquí.

A invitación e gratuita, e podes descargala dende aquí.

Forem Coruña : apertura do novo centro

O próximo luns día 30 de Xaneiro, engadimos un novo centro  a nosa rede, e comezamos a prestar os nosos servizos dende o noso novo centro de Forem Coruña.

O centro está situado no Polígono da Grela, na rúa Ermita 46-48 (Entrada por Galileo Galilei Nº 64) . Podes empregar a liña 11 do bus urbano da Coruña, (parada Newton / Galileo Galilei) para achegarte.

O novo centro, de mais de 1200 metros cadrados, sustitúe as nosas instalación de Forem Oleiros, e está deseñado para satisfacer os requisitos de espazo e equipamento dos novos certificados de profesionalidade, dando así resposta ás necesidades de formación das seguintes familias profesionais :

- Administración e xestión

- Artes gráficas

- Electricidade e Electrónica

- Enerxía e Auga

- Instalación e mantemento

- Informática e Comunicacións

- Servizos socioculturais e a comunidade

O novo centro conta cos espazos formativos seguintes :

- 4 aulas informáticas de 60 metros cadrados, cada unha delas

- 1 aula branca, de usos múltiples, de 45 metros cadrados

- 1 aula - taller de enerxías renovables, de 100 metros cadrados

- 1 aula - taller de electricidade e electrónica, de 140 metros cadrados

- 1 aula - taller de frío – climatización, de 150 metros cadrados

- 1 aula taller de microinformática, 90 metros cadrados

- 1 aula – taller sociosanitario, de 106 metros cadrados

Ademais dos espazos formativos, o centro consta de diversos almacéns, para a xestións dos materias das acción formativas e de despachos para o persoal asociado o centro : administración e xestión, técnicos e servizo de orientación.
 

Forem Galicia participa no Proxecto formativo estatal de cualificación e mellora da empleabilidade de mozos menores de 30 anos

O conxunto de accións que conforman este Proxecto, están subvencionadas polo Servizo Público de Emprego Estatal a través da Fundación Tripartita para a Formación no Emprego, e se enmarcan no proxecto formativo, de ámbito estatal de cualificación e mellora da empleabilidade de xóvenes menores de trinta años (Resolución do 6 de outubro de 2011, do Servizo Público de Emprego Estatal) solicitado pola Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CS CCOO), xestionados por FOREM e impartidos por distintas entidades colaboradoras.

Esta oferta formativa, é gratuíta e supón unha gran oportunidade para acadar unha mellor  preparación profesional, mellorar a cualificación profesional , acadar os coñecementos necesarios e adquirir as competencias que permitan adaptarse os novos requirimentos do sistema produtivo, especificamente en aqueles sectores que mostran unha tendencia positiva na súa actividade económica ou un maior potencial de crecemento de emprego, así como nas ocupacións correspondentes os certificados de profesionalidade.

Forem Galicia desenvolverá, neste marco, acción dirixidas a Xóvenes desempregados menores de 30 anos e Xóvenes menores de 30 anos e de baixa cualificación; en ambos casos desempregados.

As acción formativas, desenvolveranse nos centros de Forem Galicia ata o 30 de Xuño de 2012, e estarán vinculadas os seguintes módulos e certificados de profesionalidade :

- MF0233_2 OFIMÁTICA

- SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS

- HOTR0108_1 OPERACIÓNS BÁSICAS DE COCIÑA

A realización de certificados ou módulos de certificados de nivel 2 e 3, teñen asociados, para o alumnado, requisitos de acceso, e para todas as accións se realizará un proceso de selección.

Desempregados 2011 : unha achega as experiencias dos alumnos

Hoxe chegounos a última nova en relación co noso plan Desempregados 2011. O alumno Javier Blasco Rodríguez, do curso TÉCNICO AUXILIAR EN DESEÑO GRÁFICO, impartido en Forem Vigo, quedou finalista, entre mais de 5000 propostas gráficas de todo o mundo,  do prestixioso ‘10º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario FRANCISCO MANTECÓN’. O concurso é un evento de recoñecido prestixio no ámbito do deseño gráfico. Nesta ocasión, o xurado estivo composto, entre outros, por Javier Mariscal, Alberto Corazón e Oscar Marine.

No desenvolvemento das nosas accións do plan Desempregados, formamos a 555 alumnos dentro de ámbitos diversos :  DESEÑO GRÁFICO, ATENCIÓN SOCIO SANITARIA, ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS, ELECTRICIDADE, COCIÑA , PROGRAMACIÓN DE ORDENADORES E ENERXIAS RENOVABLES, entre outros

A formación foi apoiada por distintas accións, nas que os alumnos e alumnas participaron coa fin de reforzar ‘in situ’ o coñecemento adquirido ou en outras que, con carácter transversal favoreceron o traballo en grupo ou o aprendizaxe social. Tamén realizamos algúns concursos en diferentes eidos para estimular a creatividade.

Algunhas mostras dos traballos e experiencias desenvolvidas poden consultarse no noso espazo para os alumnos, na nosa ‘Fan Page’ no facebook e no noso espazo para os docentes, Desire.

  • Novas metodoloxías no curso impartido en Forem Oleiros, de XESTIÓN INTEGRADA DE RRHH, coa ferramenta Schoology.
  • Formas de formar, dende Forem Ferrol, o seu blogue do curso FORMADOR OCUPACIONAL.

Podes seguir o tanto das nosas actividades no noso canle para alumnos : www.facebook.es/foremgalicia, no noso canle docente www.twitter.com/proxectodesire e nos nosos canles corporativos : http://portal.foremgalcia.eu e www.twitter.com/foremgalicia .

I Feira Internacional de Emprego

Forem Galicia participará na primeira edición da Feira Internacional de Emprego que se celebrará   os días 3 e 4 de novembro en Santiago de Compostela. Organizada pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago de Compostela,pretende converterse nun espazo de encontro e intercambio de información entre futuros empregados e as empresas e entidades participantes.

A FIE permitirá ás persoas demandantes de emprego da cidade entraren en contacto directo cun número importante de empresas, tanto españolas como estranxeiras (de todos os sectores económicos: tecnoloxía, turismo, industria, banca, seguros, comercio, servizos, sanidade,...) , que aproveitan os meses de novembro e decembro para
seleccionar e dimensionar os seus cadros de persoal cara o novo ano e as campañas de maior consumo.

Máis información no sitio web do evento: http://www.feiradoempregosantiago.org.

Dispoñible oferta formativa prioritariamente ocupados

 

Xa están dispoñibles os plans Intersectorial Autonómico 2011 e o plan sectorial Administración e Novas Tecnoloxías 2011, que a Fundación Forem Galicia desenvolveu baixo o amparo da ORDE do 6 de xuño de 2011 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais e sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

Podes acceder á oferta dende a opción 'Oferta formativa' que se atopa na barra de navegación superior. Dende o árbore de buesqueda, poderás filtrar por centro de impartición ou modalidade da acción formativa, entre outras.

Dende a nosa Oferta formativa, poderás consultar os obxectivos e contido do curso, as datas e horario de impartición, e inscribirte para participr no proceso de selección da acción do teu interese. Calquera dúbida ao respecto podes consultala a través dos nosos Centros ou tamén no espazo facebook da nosa Fundación : http://www.facebook.com/foremgalicia.

Fallo da III EDICIÓN DO CONCURSO “O MELLOR OBXECTO DE APRENDIZAXE LIGADO AO SISTEMA NACIONAL DE CUALIFICACIÓNS”

O comité avaliador do III EDICIÓN DO CONCURSO “O MELLOR OBXECTO DE APRENDIZAXE LIGADO AO SISTEMA NACIONAL DE CUALIFICACIÓNS”, logo de examinar os obxectos achegados segundo os criterios establecidos, decidiu premiar os seguintes obxectos :

Primeiro premio:

  • Tablet Archos 101 10" 16GB Internet Tablet [  Ver características  ]
  • Obxecto de Aprendizaxe : Protocolo IPV6,  achegado por Javier Pérez Fernández.  Asociado á familia profesional Informática e Telecomunicacións, á cualificación profesional Operación de redes departamentais, e á unidade de competencia Instalar, configurar e verificar os elementos da rede local segundo procedementos establecidos

Segundo premio:

  • Tablet Archos 101 7" 8GB  Internet Tablet.  [  Ver características ]
  • Obxecto de Aprendizaxe : ‘El impacto de las NNTT en la formación’, achegado por Elena González de la Cámara Cayuela. Asociado á familia profesional Servicios Socioculturais e á Comunidade, á cualificación profesional Docencia da formación para o emprego, e á unidade de competencia Impartir e titorizar accións formativas para o emprego utilizando técnicas, estratexias e recursos didácticos

O terceriro premio, foi declarado deserto por non cumprir o resto dos obxectos presentados os requisitos mínimos de acordo coas bases establecidas.

Na valoración dos obxectos, tiveronse en conta, entre outros : o encadre dos obxectos nalgunha das familias profesionais do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais, o etiquetaxe de metadatos segundo o estándar LOM-Es e outros aspecto técnicos definidos na ferramenta de avaliación LORI(Instrumento de Evaluación de Objetos de Aprendizaje).

Todos os obxectos presentados o concurso estarán disponibles en breve no portal do Proxecto Desire 3 www.proxectodesire.eu

Accións de Apoio e Acompañamento á Formación : presentación de produtos finais

Os próximos días 27 e 28 de setembro de 2011, a Fundación Forem Galicia presentará os produtos finais das Accións de Apoio e Acompañamento á Formación, convocatoria 2010, cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

As accións desenvolvidas pola Fundación, son :

1. Catalogación e difusión de recursos didácticos realizados na convocatoria 2009 -- 2010 como medio de promoción da utilización de estándares na elaboración de materiais didácticos e da aprendizaxe. [+ info]

2. Elaboración das guías e materiais didácticos que van utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de operacións básicas de cociña (Real decreto 1376/2008) nas modalidades de formación presencial e teleformación. [+ info]

A presentación terá lugar no eido da II Xornada de Formación para o Emprego: “A Formación para o emprego marcando o rumbo”, que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro de 2011. O evento está organizado pola Fundación Galega da Formación para o Traballo .

Os proxectos, da Fundación, serán presentados nas localizacións seguintes :

1. Mércores, 28 de Setembro de 2011, de 10:15 a 11:15, na SALA 1

2. Martes, 27 de Setembro  de 2011, de 15:30  a 16:45, na SALA 1

O longo das xornadas, terán lugar relatorios que tratarán sobre a situación actual e propostas de futuro en materia de formación para o emprego, intervindo tanto representantes da Administración, das organizacións empresariais e sindicais, así como expertos nacionais e internacionais, tanto do ámbito empresarial con expansión no exterior e de organismos públicos doutros países.

Se está interesado en asistir ás II Xornadas da FGFT pode formalizar a súa inscrición a través do seu portal web: www.fgft.org.

Inicio dos Webinars do proxecto Desire 3

Dentro do ámbito do proxecto Desire 3, 'Catalogación e difusión de recursos didácticos realizados na convocatoria 2009-2010 como medio de promoción da utilización de estándares na elaboración de materiais didácticos e da aprendizaxe', comezan esta mercores día 15, o ciclo de Webinars asociados o desenvolvemento do proxecto.

O primeiro dos Webinars, baixo o titulo ¿Por qué prefiro unha rede social fronte a Moodle? correrá a cargo de Carlos López Ardao, profesor Titular de Universidade na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, e actualmente é Director do Departamenteo de Enxeñería de Redes e Servicios Telemáticos e Redes de Ordenadores.

Entre outros temas, debatiremos acerca de si ¿É posible utilizar unha rede social como alternativa á plataforma de xestión de aprendizaxe de Moodle? ¿Estamos a utilizar as técnicas axeitadas para os nosos alumnos? ¿Seguen a ser os mesmos os patróns de traballo, atención e preferencias de aprendizaxe?

A conferencia web, desenvolvese no espazo BlackBoard - Elluminate da Fundación, o cal permite realizar intercambio de opinións e debate entre os asistentes o evento, enriquecendoo.

Mais información.

Os próximos webinars previstos, que desenvolverá a iniciativa Desire 3 son :

Aprendizaje invisible: alfabetismos para un mundo plano.  A cargo de Cristobal Cobo, Cristobal e coautor do libro 'Aprendizaje Invisible, hacia una nueva ecología de la educación'. ¿Estas preparado para desaprender e enfrentarte a un novo remix de innovadores paradigmas de aprendizaxe e de desenvolvemento de capital humano?

 

Outras metodoloxías : escola dixital, aberta e colaborativa, a cargo de Tiscar Lara, Vicedecana de Cultura Digital EOI. Como construir unha experiencia de aprendizaxe en rede a través do uso de ferramentas totalmente integradas nunha metodoloxía baseada no 'mobile learning', o 'design thinking' e a educación expandida como referentes.

 

Mais información acerca destes e proximos webinars, na páxina e boletíns do proxecto Desire, en www.proxectodesire.eu, e tamen no seu canal Twitter @proxectodesire.

Para consultar anteriores webinars : no noso canal Vimeo

Outras informacións relacionadas co evento, no portal escuela 2.0, no seu apartado ACTUALIDAD.

Orixe RSS