Accesiblidade

Forem Galicia creou este portal co obxectivo de que sexa utilizado pola maior cantidade de usuarios, buscamos que calquera persoa poida acceder e utilizar o sitio independentemente das súas capacidades.

O sitio foi deseñado e programado con estándares técnicos de uso libre e gratuíto.

O contido emprega XHTML para a súa construción e follas de estilo en cascada (CSS) para establecer o aspecto visual. Estándares que foron desenvolvidos e recomendados polo W3C (Word Wide Web Consortium).

Recoméndase o uso das últimas versións dos navegadores máis usuais: Mozilla Firefox, Chrome, Internet Explorer, Opera,...

O deseño de páxinas optimizarase para a súa correcta visualización en resolución de pantalla de 1024 x 768 píxeles.

Utilizamos as directrices de accesibilidade e usabilidade da iniciativa WAI (Web Accesibility Initiative) para crear o deseño e a programación do sitio.

Podemos mencionar as seguintes pautas como os criterios básicos de accesibilidade do sitio:

  • Sistema de navegación simplificado.
  • Presentación estruturada da información en pantalla.
  • Imaxes con texto descritivo.
  • Utilización de CSS para aplicar o formato ás páxinas web de maneira consistente ao longo de todo o sitio web.
  • Mapa do sitio: que proporciona unha visión global e clara do portal.
  • Incorporación de varios sistemas de navegación alternativos: menú principal, menú secundario, mapa do sitio e rutas de navegación.

De todos os xeitos, se nalgunha páxina do noso novo sitio atopa algún elemento que non cumpre co estipulado, comuníqueo no correo forem_galicia@foremga.ccoo.es